Raíces sólidas, ás para voar

Seguro de accidentes

O alumnado desde educación infantil ata 2ºESO pode subscribir un seguro escolar voluntario que oferta o centro. Este seguro cobre os gastos médicos necesarios para atender as posibles lesións producidas por accidentes producidos dentro da seguintes situacións: 

  • Dentro do recinto do centro docente.
  • En clases, recreos ou xogos propios de centros docentes.
  • Fóra do centro docente realizando visitas a museos, laboratorios ou centros de estudos sempre que vaian acompañados de profesores ou persoas encargadas dos alumnos.
  • Fóra do centro docente en excursións organizadas polo mesmo e coa presenza de profesores ou persoas encargadas dos alumnos.
  • Durante a práctica de deportes no recinto do centro docente, e mesmo en competicións fóra de tal recinto se fosen realizadas como representación do mesmo. 

 De non subscribir esta opción os gastos orixinados recaerán na familia.

 O alumnado de 3º e 4ºESO entra no réxime escolar da seguridade social.

 Ademais, o centro ten subscrita unha póliza de responsabilidade civil que cobre todas as actividades organizadas polo colexio.

 

 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram