Raíces sólidas, ás para voar

Programa de Inmersión Lingüística

Desde hai anos o colexio Martínez Otero forma parte da rede de Centros Plurilingües de Galicia e, ademais, actualmente conta cunha academia de linguas. Con todo iso o centro pretende camiñar cara á excelencia en competencia lingüística e ofrecer aos seus alumnos máis oportunidades para mellorar o dominio da lingua inglesa.  

Un obxectivo prioritario para o colexio é mellorar a oferta educativa en canto á inmersión lingüística: máis ampla, máis diversificada e máis alcanzable. Por iso é polo que se dá a opción para todo o alumnado desde 5º de primaria a 4º de ESO de desfrutar dunha estancia de 10 días nun país de fala inglesa, como o Reino Unido ou Irlanda.  

A conversación, a convivencia e a diversión son os alicerces básicos ao redor dos que desenvolvemos as nosas propostas. O obxectivo é aprender mentres nos divertimos. 

A intención é que os alumnos poñan en práctica os coñecementos de inglés adquiridos ao longo do ano ao mesmo tempo que coñecen de preto a cultura e costumes dun país estranxeiro.  

Este programa ten como obxectivos:

  • o ensino integral do idioma
  • a inmersión total na aprendizaxe do inglés a través da vivencia dunha cultura distinta
  • a necesidade de comunicarse en inglés
  • o desenvolvemento de estratexias de comunicación eficaz
  • o desenvolvemento da autonomía persoal do alumno 

Os alumnos atoparanse acompañados por profesorado do Centro durante toda a viaxe e recibirán unha atención personalizada. Este programa inclúe:  

  • voos e traslados
  • seguro de viaxe
  • aloxamento en residencia en réxime de pensión completa
  • clases diarias en inglés impartidas por nativos
  • actividades deportivas e culturais polas tardes
  • excursións a pobos ou cidades de interese da contorna 

Correo
Llamada
Asignación
Acerca de
Instagram